Se ves do mar,
a nosa terra empeza
na Costa da Morte.
Anxo Muíños coñece ben os segredos do mundo líquido. Ábresme a porta do Océano? é un poemario feito de agua salgada e travesía, no que o mar se converte en universo, nun cosmo infinito para que naveguen nel ensinanzas, recordos e vivencias. Nos seus versos perséguense a terra e o mar, que dialogan entre eles cun senso integral do amor.
Anxo Muíños baixa ás profundidades marítimas para recuperar pérolas de beleza pechadas entre as valvas dun haiku. As tradicións de Galiza, país do autor, xúntanse coas formas poéticas do distante Xapón, porque, á fin e ao cabo, estas dúas terras están unidas polas ondas dun enorme ceo panoceánico.
Esa irmandade mariñeira tecida coas estacións da vida recoñécese con forza nestes versos.
Xosé Anxo Gómez Figueira, máis coñecido como Anxo Muíños, é escritor e activista pola natureza.
Gañador do Premio de Poesía do Instituto Politecnico de Santiago, no 2014 fixo o vídeo Arpa e literatura de Galicia con Iván Garmen. É autor dos libros de poesía Ulin (Septentrión Ediciones, Boo de Piélagos, 2015) e DÓ (Medulia Editorial, 2022), a súa primeira publicación de haikus. No 2023 participou no Slam Poetry de Boveda (Lugo) co poema A oración da Dorna.
No eido da narrativa, firmou as obras O alén dos barqueiros (Editorial Fanes, 2018), a saga Más allá de Ulises (Editorial Fanes, 2021) e Xinque! (Editorial Toxosoutos, 2021), esta última en colaboración coa súa filla Eila.
Anxo Muíños segue sentindo fondas inquedanzas pola perda lingüística do galego, a destrución da natureza, a falla de credibilidade dos científicos, a tolemia de fabricar armas e a robotización da humanidade.
ANXO MUIÑOS. – Escritor galego e caminante de soños. (anxomuinhos.com)
Valoraciones
No hay valoraciones aún.